Ir o contido principal

A Área de Deportes organiza para o vindeiro mes un curso intensivo de tenis

A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura, organiza para o vindeiro mes de xullo un curso intensivo de tenis. O prazo de matrícula nos niveis de minitenis, iniciación, iniciación avanzada e perfeccionamento xa está aberto.
As clases, que se impartirán nas instalacións deportivas da USC durante unha hora ao día de luns a sábado, agrúpanse en dúas quendas, do 2 ao 14 de xullo e do 16 ao 30 de xullo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2007.