A Área de Deportes da USC organiza un curso de iniciación á salsa
A sala polivalente do Estadio de Atletismo universitario de Santiago acollerá os martes e xoves de 20:15 a 21:15 horas un curso de iniciación á salsa que durará dende o 6 de novembro ata o 16 de decembro.
Os interesados, que deberán posuír o cartón deportivo, poderán acadar máis información ou realizar a inscrición nas Oficinas da Área de Deportes na Piscina Universitaria, nas extensións telefónicas 15070-15071-15072-15073-15076, no web www.usc.es/deportes ou no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es).