Ir o contido principal

A Área de Orientación Laboral do Campus de Santiago organiza dous obradoiros gratuítos sobre a elaboración do currículo

A Área de Orientación Laboral do Campus de Santiago organiza dous obradoiros gratuítos sobre a elaboración do currículo nos que se abordarán contidos relacionados coas técnicas de redacción, a carta de presentación, os diferentes tipos que existen e a súa utilidade para levar a cabo unha busca activa e eficiente de emprego.
As xornadas prácticas, dirixidas a estudantes de últimos cursos e titulados recentes, celebraranse os vindeiros martes 23 e xoves 25 de outubro respectivamente, en horario de 10:00 a 12:00 horas na Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega.
Estas actividades enmárcanse dentro das accións que desde os Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social se levan a cabo para facilitar o achegamento entre os universitarios e o mundo laboral. É ademais o paso previo ao I Foro de Emprego da USC que se vai celebrar os días 14 e 15 de novembro coa finalidade de dotar dos recursos e instrumentos necesarios a aquelas persoas interesadas en presentar o seu currículo ás empresas participantes.
As persoas que queiran participar nalgún destes obradoiros poden inscribirse na oficina da Área de Orientación Laboral (Casas Reais nº 8), a través da extensión telefónica 12850 ou do correo electrónico saeelabo [at] usc.es (saeelabo[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2007.