Ir o contido principal

A Área de Orientación Laboral celebra este mércores na EPS unha charla sobre busca activa de emprego

Os pasos a seguir e os recursos dispoñibles para a inserción laboral, os tipos de currículo e as prácticas serán algunhas cuestións abordadas por Gloria Cruz

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acollerá o mércores 20 de marzo, a partir das 11.00 horas, unha charla sobre orientación laboral e busca de emprego, que será impartida pola responsable da Área de Orientación e Información Laboral do campus de Lugo, Gloria Cruz e na que xa preto de 90 inscritos.

A programación da carreira profesional, os pasos a seguir na busca activa de emprego, as características e os condicionantes do mercado laboral, o márketing persoal e os recursos dispoñibles para a busca activa de emprego constitúen algunhas das claves sobre as que disertará Gloria Cruz durante a súa intervención, que se desenvolverá no salón de actos da EPS do campus de Lugo.

Esta técnico de orientación laboral tamén informará aos asistentes á sesión sobre as distintas bolsas e prácticas ás que poden acceder estudantes e titulados/as universitarios/as, así como das posibilidades de emprego en Europa. Os tipos de currículo e cartas de presentación, os mecanismos máis habituais nos procesos de selección (entrevistas, dinámicas...) e os perfís profesionais demandados polas empresas serán outros dos temas analizados pola poñente nesta charla.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.03.2013.