A Área de Orientación Laboral organiza unha Charla Dinámica e Motivacional de Autocoñecemento para a Busca Activa de Emprego
Véndete!!!. Así reza o lema da Charla Dinámica e Motivacional de Autocoñecemento para a Busca Activa de Emprego que este mércores 21 organiza a Área de Orientación Laboral da USC. É unha actividade que se dirixe tanto ao estudantado como aos titulados/as que estean planificando o seu futuro ou á procura na actualidade de emprego. No Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e da Administración entre as 10.30 e as 13.30 horas, a sesión impartiraa Felipe García Rey, coach persoal e en liderado. A participación nesta actividade é gratuíta ata completar o aforo, polo que os seus promotores aconsellan realizar a reserva de praza, para o que as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo saeelabo [at] usc.es (saeelabo[at]usc[dot]es), indicando no asunto que é para a asistencia á Charla Véndete!, así como nome e apelidos e titulación ou estudos actuais. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web da Área de Orientación Laboral.