Ir o contido principal

A Área de Valoración Transferencia e Emprendemento organizou unha xornada práctica sobre a ferramenta de valoración Moguval

A xornada celebrouse en Ciencias Económicas e Empresariais
A xornada celebrouse en Ciencias Económicas e Empresariais

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) organizou en Ciencias Económicas e Empresariais unha xornada práctica sobre ‘MOGUVAL. Modelo Guía de Valoración’. MOGUVAL é unha ferramenta de valoración especialmente deseñado para a avaliación dos termos dos acordos de licenza ou cesión de patentes ou outros resultados de I+D asinados entre Universidades ou outros organismos públicos de investigación e compañías do tecido empresarial. É unha aplicación desenvolvida pola AVTE e o grupo de investigación de Valoración Financeira Aplicada da USC baseándose na súa experiencia previa en transferencia de coñecemento. Esta ferramenta está dispoñible de xeito gratuíto no web do proxecto POCTEP VT, para o que as persoas interesadas unicamente debe cubrir un formulario que dará paso á descarga automática da ferramenta tanto en formato Excel así como dun manual de utilización. Á xornada asistiron profesionais de unidades de transferencia de tecnoloxía e promoción tecnolóxica, persoal de spin-offs e investigadores de Galicia e de Portugal. No obradoiro práctico fíxose unha breve introdución aos principios básicos da valoración económico financeira, presentáronse as chaves sobres as que se asenta MOGUVAL e adestrouse aos asistentes, mediante un caso práctico, para a correcta utilización do modelo. Os relatores foron os autores de MOGUVAL, o profesor e coordinador do grupo de investigación responsable Alfonso Rodríguez Sandiás e a técnica de transferencia de tecnoloxía da AVTE María Jesús Rodríguez Gulías.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2012.