Ir o contido principal

Arrinca o posgrao oficial en 'Atención Sanitaria, Xestión e Coidades'

O acto de apertura consistirá nunha videoconferencia coa Escola do Campus de Santiago

O programa oficial de posgrao en ‘Atención Sanitaria, Xestión e Coidados’ arranca este luns 22 ás 16:00 horas nun acto presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló, no que estará acompañado pola directora da Escola de Enfermaría de Santiago, María Jesús Núñez Iglesias.
Este acto transmitirase en directo por videoconferencia á Escola do Campus de Lugo onde estarán presentes o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino, e o director da Escola de Enfermaría, José Luis Díaz. O máster ten dúas especialidades e desenvólvese en Santiago e Lugo, coa colaboración do 061 e da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta da Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2008.