Ir o contido principal

A asociación Adage 35 relata na EPS de Enxeñaría as experiencias desta asociación de desenvolvemento agrícola en Bretaña

Cartaz do relatorio
Cartaz do relatorio
O relatorio do presidente de Adage 35, Samuel Dugas, que está incluído no ciclo ‘Na EPS de Enxeñaría queremos saber’, comezará ás 11.30 horas

O presidente da asociación de desenvolvemento agrícola de Bretaña, Samuel Dugas, ofrecerá este mércores, a partir das 11.30 horas, na sala de xuntas da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC, un relatorio sobre as experiencias xa realizadas por este colectivo agrogandeiro francés, así como sobre súa dinámica de traballo e colaboración.

O relatorio que ofrecerá Samuel Dugas, quen estará acompañado doutros gandeiros bretóns, desenvolverase baixo o título ‘ADAGE 35 : Gandeiros leiteiros franceses en pastoreo que se forman a través do intercambio de técnicas’ e está incluído no ciclo ‘Na EPS de Enxeñaría queremos saber’. Esta actividade formativa e de divulgación está promovida polo grupo de innovación docente Ruralia, que agroma profesores e investigadores na EPS de Enxeñaría de Lugo pertencentes aos departamentos de Economía Aplicada, Historia Contemporánea e Ecoloxía.

A asociación Adage 35 está formada por agricultores franceses dunha zona de forte tradición na produción leiteira: a Bretaña. É unha asociación de desenvolvemento agrícola que acompaña aos seus membros no proceso de reducir os custos de produción, aumentar a autonomía da alimentación e incrementar o valor engadido das explotacións. Os agricultores de gando realizan intercambios de información co obxectivo de avanzar cara a unha agricultura sostible, económica e autónoma. A conferencia permitiralles presentar as súas historias, as actividades e os procesos de intercambio de técnicas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2017.