A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra este sábado unha asemblea xeral extraordinaria
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra este sábado 23 unha asemblea xeral extraordinaria que comezará ás 11.00 horas na sala do piano da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Na xuntanza estudarán propostas para aumentar o número de socios e socias, a relación da asociación con outras entidades e cos medios de comunicación, a creación dunha rede de colaboradores en temas específicos ou o impacto das redes electrónicas na asociación. Xornada micolóxica Xa este domingo 24 os membros da asociación percorrerán o Monte Pedroso guiados pola asociación Sendeiriña Nicraria Tamar nunha xornada micolóxica que partirá ás 11.00 horas da Granxa do Sexto.