Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC convoca o seu XIV Premio de Relato Curto dotado con 500 euros

Cartel do certame
Cartel do certame
As propostas de temática libre, escritas en lingua galega e cunha extensión máxima de sete páxinas, deben enviarse ata o 31 de decembro
Lugo, Santiago de Compostela

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) convoca a XIV edición do seu Premio de Relato Curto, dotado con 500 euros, e cuxo prazo de entrega de traballos finaliza o 31 de decembro de 2019.

O premio, aberto a todo o público en xeral, recibe relatos de temática libre, inéditos e redactados en lingua galega. Cunha extensión máxima de sete páxinas, os orixinais deben ser presentados baixo pseudónimo. “Comprobamos ano a ano o elevado talento dos participantes, así que animamos a xente de todo tipo a presentar os seus traballos. Na edición pasada recibimos uns cincuenta textos”, afirma a presidenta da asociación, Benita Silva.

O xurado, de cuxa composición se informará ao peche da convocatoria, atoparase composto por personalidades de recoñecido prestixio no eido literario. Os traballos poden enviarse a través do enderezo electrónico alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es) ou ben por correo postal, triplicados, mecanografados a dobre espazo, en DIN-A4 e con fonte Times New Roman, corpo 12, ao enderezo que figura nas bases da convocatoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2019.