Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC homenaxea ao seu ex-presidente Perfecto Yebra

De igual xeito recoñecerase o labor da asociación de Gándara Rey e Carmen Pardiñas

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago homenaxeará este xoves 16 ao que foi o seu presidente, Perfecto Yebra Martul-Ortega. No mesmo acto haberá tamén un recoñecemento ao ex-vicepresidente, José M. Gándara Rey, e á ex-tesoreira Mª Carmen Pardiñas Añón. Aos tres entregaráselles a insignia de ouro da asociación. O acto, que terá lugar a partir das 19;:00 horas no Salón Nobre de Fonseca, contará coa presenza do reitor Juan Casares Long; do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; do vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán Villa; do presidente da Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas, Antonio José Redondo; e da presidenta da asociación compostelá, Mª do Socorro Ortega Romero. A homenaxe desenvolverase logo da XVI asemblea xeral da asociación, na que se aprobarán as actuacións realizadas en 2010 e definiranse as futuras.

Xa ás 20.00 horas o catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo, pronunciará a conferencia ‘O estudo da variación xenética e as súas aplicacións’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2011.