Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC renovará a súa xunta directiva

Este xoves nunha sesión na que ademais tamén se entrega o seu VI Premio de Relato Curto

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) celebrará este xoves no Salón Nobre do Colexio de Fonseca unha asemblea xeral extraordinaria para a renovación de cargos da súa xunta directiva. A candidatura que se presentará está encabezada por Ángel Álvarez Prechous, como presidente; Blanca A. Roig Rechou na vicepresidencia e Carlos Nieves na secretaría. Como vogais figuran María Caeiro Rey, José M. Otero López, Juan Mariñas Liste, Enrique Alonso Mougán, Mª Julia Melgar Riol, Carlos Amable Baliñas Fernández, Isabel Vilariño Vilariño e José Santiago Pérez. Con anterioridade, a partir das 19.00 horas en primeira convocatoria, a AAAAUSC celebra a súa décimo sétima Asemblea Xeral Ordinaria na que, presidida polo reitor Juan Casares, a tesoureira Concepción Díaz–Fierros presentará o seu informe e o actual vicepresidente Ángel Alvarez Prechous presentará as liñas de acción para o futuro. Deseguido, o presidente do Consello Social Manuel Puga e o reitor Juan Casares entregarán o VI Premio de Relato Curto a Juan Francisco Beltrán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2012.