Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC renovou a súa xunta directiva

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC renovou en Asemblea Xeral Extraordinaria a súa xunta directiva. Ao non haber ningunha candidatura e segundo rezan os estatutos da asociación, o actual presidente, o profesor Perfecto Yebra Martul-Ortega, continuará no cargo dous anos máis.
Tamén resultaron reelixidos, o catedrático de Medicina Oral da Facultade de Odontoloxía, José M. Gándara Rey, como vicepresidente, e a doutora María Carmen Pardiñas Añón, como tesoureira. Son outra vez vogais a licenciada en Ciencias Químicas, Dolores Dávila García, e a diplomada como Mestre, María de los Lourdes Ruibal Feáns.
Os novos son a secretaria, a profesora Luisa Balsa Anido, e os vogais, a doutora en Historia da Arte, María del Socorro Ortega Romero e o licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Ángel López Conde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2008.