Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita os conventos de clausura de Santiago

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitará este sábado, día 10, os conventos de clausura de Santiago, coñecendo os espazos públicos das igrexas e conventos das Mercedarias, Santa Mª de Belvis e o Convento de Santa Clara, ademais da antiga horta conventual de San Domingos.
A visita, que partirá da Igrexa da Merced ás 10:30 horas, supón un percorrido polos lugares de contemplación e silencio dunha cidade como Santiago que conta cunha inxente riqueza monumental, na que sobresae o patrimonio relixioso e moi especialmente os conventos e mosteiros de clausura.
A visita forma parte do programa previsto pola oficina de Turismo da cidade, concertada coa empresa Compostur.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2007.