Ir o contido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita o patrimonio histórico universitario

A partir das 17:00 horas deste venres un grupo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitará o máis representativo do Patrimonio Histórico universitario.
Durante unha hora e media, os visitantes apreciarán dende os salóns máis nobres e significativos da historia da institución ata as bibliotecas máis emblemáticas como a América ou o Salón de Lecturas da Facultade de Xeografía e Historia. Percorrerán ademais espazos de enorme carga simbólica como o claustro e interiores do Colexio de Fonseca para rematar na terraza da Facultade de Xeografía e Historia dende onde se contempla unha das vistas máis espectaculares da cidade.
As visitas teñen o valor engadido de ser dirixidas por investigadores de terceiro ciclo dos Departamentos de Historia da Arte e Xeografía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2008.