A Asociación de Divulgación Científica de Galicia organiza en Veterinaria un curso sobre o programa estatístico R
A Asociación de Divulgación Científica de Galicia (ADCG) organiza un curso de introdución ao programa estatístico R na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC. As distintas sesións formativas deste curso, que está estruturado en seis horas, desenvolveranse en quenda de tarde do 29 de febreiro ao 2 de marzo na aula 1 de informática do centro universitario lugués e serán impartidas por Manuel Arias Rodil, doutor en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil e máster en técnicas estatísticas. O programa desta actividade formativa de carácter presencial inclúe contidos referidos á instalación, entorno RStudio e obxectos, importación, exportación, exploración e manexo de datos, gráficos e exemplos prácticos. O prezo da matrícula neste curso de introdución ao programa estatístico R organizado por ADCG é de 10 euros para socios e 15 para non asociados. As persoas interesadas poden formalizar xa a súa inscrición ou solicitar máis información ao respecto deste programa a través do enderezo de correo electrónico adcgalega [at] gmail.com (adcgalega[at]gmail[dot]com).