Astur-galaicos ou galaico-astures? pecha cunha conferencia sobre as raíces prehistóricas de ambas comunidades
As raíces prehistóricas de astures e galaicos é a cuestión a tratar na conferencia do catedrático da Universidade Complutense de Madrid, Martín Almagro, que pecha, ás 11:30 horas, o congreso que se celebra ata este sábado 12 no Mosteiro de Xaguaza, situado en O Barco de Valdeorras.
Antes do relatorio desenvólvese, ás 10:00 horas, o acto oficial de clausura que contará coa presenza do director xeral de Turismo, Rubén Lois, e o vicepresidente e conselleiro-delegado de Unión Fenosa, Honorato López.
Astur-galaicos ou galaico-astures? tivo como obxectivo principal debater sobre o papel da franxa étnico-cultural entre as dúas rexións históricas. Así, falouse sobre aspectos como as características lingüísticas, as relacións de parentela entre as grandes familias, a fixación das fronteiras políticas ou a administración romana no pasado.
O encontro organizouno a Universidade de Santiago, baixo a dirección do catedrático Antonio Rodríguez Colmenero, en colaboración coa Xunta de Galicia, Unión Fenosa e a Fundación Aquae Querquennae-Via Nova.