Ir o contido principal

A atleta do club USC Lucía Suárez Crespo, campioa galega dos tres mil lisos

Dos campionatos galegos disputados a pasada fin de semana destaca o resultado da atleta do club USC Lucía Suárez Crespo, que se proclamou campioa galega dos tres mil lisos no cadete de Ourense. No galego de 1 quilómetro en ruta e de milla en ruta en Padrón, facíanse co bronceo s atletas da USC Miguel Fernández-Couto Alvarez na categoría benxamín; o alevín Rodrigo Tasende Reboredo na proba de 1 km en ruta; Claudia Fernández-Couto en infantil feminino; na categoría cadete masculino Xabier Santiago Hidalgo; e en xuvenil Fernando Vales Ferreira. Na categoría veterana subían ao caixón os atletas Alfonso López Menduiña (bronce en M35) e Manuel Bello García (bronce en M50).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2013.