A atleta Lucía Suárez alcanza o bronce do Campionato Galego Infantil en Pista
A atleta do clube USC Lucía Suárez Crespo acadou a medalla de bronce na proba de 3000 ML celebrada esta fin de semana na localidade de Monterrei, en Ourense, no Campionato Galego Infantil en Pista. Con este resultado Lucía Súarez completa unha brillante tempada na que sumou actuacións destacadas en Campo a Través, pista cuberta e agora, en Pista ao Aire Libre. Nesta mesma competición destacou a actuación das atletas Inés Saa López (triplo e altura) e Ana Carreira Casais (80 ML e Lonxitude) que lograron clasificarse en dúas probas o Campionato Galego.