Atletas do Club Universitario colectan dous ouros na cuarta proba da Liga Galega de Orientación disputada en Lugo
As atletas do Club Universitario Maria Isabel Fraga, en D-35, e Pilar Veiga, en D-Elite, proclamáronse como as gañadores das súas respectivas categorías na cuarta proba da Liga Galega de Orientación, o IX Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo celebrado esta pasada fin de semana. Outros resultados salientables foron os collexitados por Cristina Ouro (6ª en D-21), Miguel Ramos (H-21), José Ramón Pacheco (9º en H-35) e Rosa María Pernas e Mª Jesús Prieto (9ª e 10ª en D-35).