A Aula de Novos Emprendedores abre un prazo de inscrición para o segundo módulo de actividades do programa de desenvolvemento do Potencial Emprendedor
A Aula de Novos Emprendedores da Cátedra Bancaja da USC acaba de abrir un prazo extraordinario de inscrición para participar no segundo módulo do programa de desenvolvemento do potencial emprendedor. Este módulo inclúe un ciclo de obradoiros sobre ‘ Competencias do emprendedor’ que se desenvolverá do 21 de marzo 10 27 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Tamén existe a posibilidade de asistir a un taller sobre oratoria e debate como habilidades directivas que impartirá o consultor político e ‘media trainer’ Santiago Martínez, os días 2 e 7, no mesmo centro compostelán. A Xornada de ‘ Emprendemento no Sector Agroalimentario: unha oportunidade de negocio’ é outras das actividades do módulo na que as persoas interesadas aínda poden inscribirse. Celebrarase o venres 9 de marzo no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. A proposta de actividades complétase coa posibilidade de asistir ao videforum sobre ‘ Competencias do emprendedor’, que se desenvolverá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais os días 12 de marzo e 18 de abril, coa presenza de Carmen Fernández e María Eugenia Fernández, de Arquetipos Consultores. O número de prazas é limitado, e a inscrición de balde. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa secretaría da Aula chamando ao teléfono 881 811 538 ou enviando un correo electrónico a masttrib [at] gmail.es (masttrib[at]gmail[dot]es) o catedrabancaja [at] usc.es (catedrabancaja[at]usc[dot]es).
A Aula Novos Emprendedores é unha iniciativa destinada ao estudantado con espírito emprendedor que busca un complemento á súa formación técnica de cara a un futuro profesional dentro da empresa, con especial atención ao desenvolvemento das habilidades sociais e directivas. Máis información en http://www.catedrabancajausc.es/