Ir o contido principal

A Aula de Produtos Lácteos da USC celebra este luns 30 un foro técnico de elaboración e transformación en produción ecolóxica

A Aula de Produtos Lácteos da USC celebra este luns 30 un foro técnico de elaboración e transformación en produción ecolóxica
A Aula de Produtos Lácteos da USC celebra este luns 30 un foro técnico de elaboración e transformación en produción ecolóxica

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC (Aplta) celebrará este luns 30 de outubro, a partir das 9.00 horas, unha xornada técnica sobre elaboración e transformación en produción ecolóxica. Esta actividade está organizada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, xunto coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Ángel Carballeira Fernández, técnico superior de investigación da Aplta do Campus Terra da USC, e Cándido Martínez, licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e responsable de compras na cooperativa de consumidores ‘Consumo Consciente Árbore’, son os dous relatores que impartirán esta xornada técnica, promovida pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) Lugo e para que a que se ofrecen un máximo de 15 prazas.

A temática do programa desta xornada técnica é ampla e abrangue desde a análise da situación actual da industria da conserva vexetal en Galicia e a súa relación con microempresas do sector, ata a cuestións ligadas á seguridade alimentaria nas conservas vexetais, fundamentos do funcionamento autoclave e intercambiador de valor ou parámetros no control do crecemento microbiano.

Esta xornada sobre elaboración e transformación en produción ecolóxica, que se prolongará en quenda de mañá e tarde, inclúe tamén a celebración dun laboratorio de cociñado de ou elaboración de conservas vexetais aos natural, en marmelada ou fermentado, así como outro obradoiro de esterilización de conservas vexetais. A calidade comercial das conservas vexetais e a casuística das incidencias rexistradas son outras das cuestións a tratar neste foro técnico. As persoas interesadas en solicitar máis información poden enviar unha petición ao respecto a través do enderezo de correo electrónico xan.neira [at] usc.es (xan[dot]neira[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2017.