Ir o contido principal

A Aula de Teatro da USC celebra as súas probas de acceso

Imaxe de arquivo da obra "Cinzas"
Imaxe de arquivo dun dos últimos estreos da Aula de Teatro da USC
O xoves 24 está prevista unha xornada de presentación para resolver posibles dúbidas sobre o desenvolvemento das actividades neste curso e coñecer de primeira man a programación da escola e da compañía
Santiago de Compostela

A Aula de Teatro da USC organizará a comezos da vindeira semana as probas de acceso para a escola e a compañía de teatro universitaria. Celebraranse entre o luns 28 e o mércores 30 de setembro a partir das 18.00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida).

Con anterioridade, a Aula celebrará este xoves 24 para as persoas interesadas unha xornada de presentación do programa de actividades na que será posible resolver todas as posibles dúbidas sobre o desenvolvemento das actividades neste curso así como coñecer de primeira man a programación da escola e da compañía universitarias. Esta sesión terá lugar a partir das 19.00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

A partir do 5 de outubro será posible realizar a matrícula na escola de teatro e unha semana despois, a partir do 13 de outubro, comezarán as aulas desta escola teatral. O acceso ás instalacións da Sala de Teatro universitaria estarán acondicionadas cos oportunos protocolos sanitarios en material de protección á COVID-19 e de ser necesario organizaranse quendas para garantir o aforo da Sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2020.