Ir o contido principal

A Aula de Teatro da USC estrea este mércores a súa nova produción 'As Cuñadas'

Cartel de 'As Cuñadas'
Cartel de 'As Cuñadas'

O último traballo ata o momento da Aula de Teatro da USC mostrarase ao público este próximo mércores 16. Será no estreo da produción As cuñadas de M. Tremblay, con dirección e adaptación literaria libre de Roberto Salgueiro, ás 21:00 horas no Salón Teatro.
O texto orixinal basea a súa acción no ano 1968 en Quebec, onde un grupo de mulleres se reúne para pegar uns cupóns cos que foi premiada unha delas por uns grandes almacéns. Na versión que a Aula de Teatro pon en escena a acción desenvólvese no ano 1977, na Coruña. Con esta produción a Aula de Teatro encamíñase ao seu XX aniversario, que se cumpre no mes de outubro do vindeiro ano

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2009.