Ir o contido principal

A Aula de Teatro USC-Lugo celebra o 30 de novembro unha clase aberta a todo o público interesado

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

A Aula de Teatro USC-Lugo, dirixida por Paloma Lugilde, celebrará o vindeiro 30 de novembro unha sesión aberta a todo o público interesado na arte dramática e na súa posible incorporación ao elenco de actores que forman parte da compañía de teatro USC-Lugo.

A sesión desenvolverase a partir das 20.45 no local da Aula de Teatro e Danza da USC, sita na Facultade de Veterinaria, onde Paloma Lugilde guiará unha actividade plástica e de achegamento ao mundo da escena, ao tempo presentará ao público asistente as distintas accións que baralla desenvolver no marco desta aula universitaria. As persoas interesadas en tomar parte nesta sesión aberta da Aula de Teatro USC-Lugo poden formalizar a súa inscrición de balde nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo. Tamén se pode obter máis información ao respecto desta iniciativa a través dos números de teléfono 982 821 513 ou 649 94 82 66.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2016.