Ir o contido principal

A Aula de Teatro da USC realiza probas de selección de actores para a súa próxima montaxe

As probas realizaranse o martes 7 e o mércores 8

A Aula de Teatro da Universidade de Santiago celebra esta semana probas para a selección dos novos actores que participarán na montaxe da obra Xogos á hora da sesta, de R. Mahieu adaptada e dirixida por Cándido Pazó. Ás probas poderán presentarase tantos os estudantes como persoal docente e investigador ou de administración e servizos.
As persoas interesadas deberán preparar un texto que poden recoller na Vicerreitor de Cultura (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro) antes das 14:00 horas do luns 6 de outubro. As probas celebranse na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño o martes 7 e o mércores 8 a partir das 18:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2008.