Ir o contido principal

Aulas sen límite de idade e sen fronteiras

Ao longo de 2019 participaron nestes programas máis de 2000 persoas maiores de 65 anos participaron en toda Galicia
Ao longo de 2019 participaron nestes programas máis de 2000 persoas maiores de 65 anos participaron en toda Galicia. Foto: Santi Alvite
Máis de 2000 persoas maiores de 65 anos participaron en toda Galicia no programa de actividades desenvolvidos polas universidades galegas fóra dos campus en colaboración coa Consellaría Política Social

Levar a formación universitaria fóra dos campus universitarios ás persoas de maior idade foi o obxectivo dunha serie de programas formativos específicos desenvolvidos ao longo de 2019 polas tres universidades galegas en colaboración coa Consellaría de Política Social. Arredor de 2000 persoas galegos e galegas maiores de 65 anos participaron  nos diferentes programadas de educación regrada que ofertaron as tres universidades e que no caso da de Santiago se desenvolveu ao abeiro do programa Camiños de Coñecemento e experiencia, dentro do programa universitario do IV Ciclo.

A valoración final dos programas desenvolvidos ao longo do pasado ano, foron obxecto dunha presentación pública este mércores na Cidade da Cultura coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e dos reitores da Coruña, Vigo e Santiago, Julio Abalde Alonso, Manuel Reigosa Roger e Antonio López Díaz. Como se indicou, á vista da experiencia recollida durante este ano, a administración autonómica manterá esta colaboración coas institucións universitarias para continuar ofertando programas que fomenten a formación e a aprendizaxe das persoas maiores, tanto das que non posúen formación académica previa como a de quen desexa retomar a súa formación.

Camiños de Experiencia
No caso da USC, preto de medio millar de persoas dun total de dezasete concellos galegos participaron en 2019 nunha nova edición do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’, deseñado na súa orixe para achegar a universidade ao entorno rural favorecendo que a formación e a investigación poida chegar a difundirse nos concellos rurais e semi-urbanos, particularmente entre as persoas de maior idade. Así, o programa desenvolveuse nos concellos coruñeses de Ordes, O Pino, Arzúa, Vedra, Teo, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Noia, Muros e Serra de Outes; nos de Lalín e A estrada, en Pontevedra; e nos lugueses de Mondoñedo, Monterroso, Ribadeo e Viveiro.

No caso da programación desenvolvida nos concellos da Coruña e Pontevedra, celebráronse catro seminarios cun bloque teórico e o correspondente práctico, sempre relacionado co municipio no que se desenvolvía e a súa contorna. No caso dos concellos da provincia de Lugo, nos que o programa estreouse este ano, foron un total de tres seminarios en cada concello coa mesma metodoloxía que nas outras dúas provincias.

De esquerda a dereita Julio Abalde, Fabiola García, Antonio López e Manuel Reigosa
A conselleira e os reitores fixeron unha valoración desta iniciativa nun acto na Cidade da Cultura. Foto: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2020.