Ir o contido principal

Avanzan na USC as últimas novidades mundiais en bioloxía dos vibrios, causantes de enfermidades como o cólera

Avanzan na USC as últimas novidades mundiais en bioloxía dos vibrios, causantes de enfermidades como o cólera
Avanzan na USC as últimas novidades mundiais en bioloxía dos vibrios, causantes de enfermidades como o cólera

O estudo da bioloxía dos vibrios, un xénero de bacterias, experimentou un enorme avance nas últimas dúas décadas de maneira que hoxe están recoñecidas máis de 90 especies, algunhas das cales teñen un coñecido papel ecolóxico. Entre elas, vibrio cholerae continúa a ser un dos principais azoutes da humanidade matando de cólera a miles de persoas no mundo cada ano. Por outra banda, unha ampla gama de aplicacións biotecnolóxicas como o desenvolvemento de vacinas, a vixilancia do medio ambiente e a produción de compostos bioactivos estanse levando a cabo utilizando estas bacterias. De feito, varias especies teñen su xenoma secuenciado completamente ou están en curso, permitindo análises xenómicas e posxenómicas detalladas. Debater e pór en común os últimos coñecementos e identificar as principais necesidades para futuros proxectos de investigación é o cometido da cuarta Conferencia sobre Bioloxía de Vibrios (VIBRIO 2011) que este mércores se inaugurou na Aula Magna da Facultade de Bioloxía coa participación do reitor Juan Casares Long. No encontro, que segue aos celebrados en anos anteriores en Gante, París e Río de Janeiro, os máis relevantes especialistas do mundo na materia compartirán ata o venres 4 os estudos que desenvolven nos seus centros de investigación nos eidos da xenética, a microbioloxía ou a saúde pública. Precisamente algúns vibrios -abundantes no medio mariño e nos tecidos e órganos dos diferentes hospedadores como pescados e mariscos- como V. anguillarum, V. harveyi e V. salmonicida son graves ameazas para o cultivo dos animais mariños, como advirte o responsable do encontro, o profesor da USC Jesús Romalde, membro do grupo de investigación de Patoloxía na Acuicultura da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2011.