Ir o contido principal

O bailarín catalán Toni Jodar explica a danza moderna e contemporánea en Veterinaria no marco dos ‘Xoves de Moda’

Toni Jodar
Toni Jodar
A conferencia bailada guiada polo artista e mestre de danza barcelonés desenvolverase este mércores, a partir das 20.30 horas, no auditorio de Veterinaria

O artista e mestre de danza Toni Jodar ofrecerá este mércores, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, unha singular explicación da historia da danza moderna e contemporánea no marco dunha conferencia bailada incluída na programación dos ‘Xoves de Moda’, un ciclo organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Toni Jodar, un dos bailaríns representativos da danza contemporánea de Cataluña, propón neste intervención unha maneira singular de explicar a historia da danza. Este artista catalán ilustra co seu propio corpo o paso do tempo da danza e emprega a súa experiencia e humor para facer unha “ performance pedagóxica” creativa e amena.

Nesta conferencia bailada, este artista catalán amosa a evolución do clásico cara o contemporáneo, facendo referencia aos diversos xéneros e formas que utiliza o corpo para expresarse no movemento. Formado en Cataluña e Nova York, Toni Jodar colabora con artistas coñecidos como Carlos Santos, Cesc Gelabert , La Fura dels Baus e Comediants, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2018.