Ir o contido principal

A banda compostelá Icewind ofrece o seu derradeiro concerto na residencia universitaria Monte da Condesa

A banda compostelá de heavy metal Icewind pon fin á súa carreira musical este xoves, 1 de marzo, co seu derradeiro concerto na Residencia Universitaria Monte da Condesa. A actuación, que contará coa colaboración de diferentes músicos da escena musical compostelá, terá lugar ás 21:30 horas na Sala da Columna con entrada libre.
En máis de tres anos Icewind gravou unha maqueta, dous cedés e un DVD en directo na sala Capitol de Compostela, ademais de ofrecer un gran número de concertos por todo o panorama nacional galego. A súa discografía componse dos albumes ‘Tiempos de Gracia’, publicado no 2005 e do que apenas quedan copias tras o grande éxito de público e críticas que incluso lle valeu ser finalista do concurso almeriense Belladurmiente, e ‘Olvidado’, a piques de saír á rúa neste 2007.
Na súas diferentes formacións, o grupo contou con músicos da talla de Yago Pico, Nano Viquendi, Oscar Ínsua ‘Jumpin’, Fran Rodriguez, David L. Barreiro, Diego Gonzalez, Juanjo Fernández Antón Fernández e Alejandro Muñoz ‘Vinnie’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.02.2007.