Barbara Gatto, da Universidade de Padua, imparte dúas conferencias en Farmacia
A profesora da Universidade de Padua Barbara Gatto participa este venres 10 e o próximo día 17 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias que no presente curso organiza o Departamento de Química Orgánica da USC. ‘Biotech drugs’ é o título da súa primeira intervención este venres a partir das 10:30 horas na Aula Seminario de Química Inorgánica da Facultade de Farmacia. Xa o día 17, a profesora Gatto presentará ás 12:00 horas na Aula de Grao do mesmo centro o relatorio titulado ‘On the dual nature of nucleic acids: the Yin and Yang of RNA from a medicinal chemist’s perspective.