Ir o contido principal

El Barroquista e Sara Rubayo, en directo nun podcast na Igrexa da Universidade

El Barroquista e Sara Rubayo
El Barroquista e Sara Rubayo
Será o xoves 6 ás 20.30 horas e a sesión gravarase
Santiago de Compostela

Miguel Ángel Cajigal Vera -'El Barroquista'- e Sara Rubayo -'La gata verde'- gravarán en directo o xoves 6 de novembro un podcast dende a Igrexa da Universidade.

Estes dous historiadores da arte e coñecidos divulgadores culturais realizarán a gravación nun acto aberto ao público ás 20.30 horas e enmarcado no Outono Cultural  da USC.

As entradas (máx. 2/persoa) poderanse recoller de balde o mesmo día da gravación a partir das 20.00 h. A apertura de portas será ás 20.15 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2025.