Ir o contido principal

A biblioteca Concepción Arenal abrirá 24 horas ata o día 8 de xuño

Vista cenital da entrada da Concepción Arenal
Vista cenital da entrada da Concepción Arenal

A partir deste martes 2 a Biblioteca Concepción Arenal permanecerá aberta 24 horas ao día de xeito ininterrompido ata o próximo 8 de xuño. Esta é unha das medidas incluídas nos horarios extraordinarios de apertura das bibliotecas da USC, horarios que xa se veñen aplicando dende mediado do pasado mes en distintos centros dos campus de Santiago e Lugo.

A maiores da Concepción Arenal, a Intercentros do campus lugués manterá aberta as súas portas abertas dende as 8.30 horas (a partir das 9.00 horas dende o 1 de xuño) ata as 3.00 horas. En fin de semana e festivos, o seu horario extraordinario será de 10.00 a 3.00 horas.

Ademais, a Facultade de Ciencias Económicas e a Sala de Lectura de Dereito reforzarán esta oferta en fins de semana e festivos, períodos nos que abrirán de 10.00 a 22.00 horas, igual que a Biblioteca Xeral. Esta última, entre o 22 de maio e o 2 de xuño, ademais de nas fins de semana e festivos tamén abrirá de luns a venres de 8.30 a 3.00 horas.

Do 9 de xuño ao 13 de xullo
Nesta quenda, en xuño as bibliotecas Intercentros do Campus de Lugo e Concepción Arenal abrirán de luns a venres dende as 9.00 ata as 3.00 horas e en fins de semana e festivos entre as 10.00 e as 3.00 horas.

Ademais, dende o 14 de xuño e ata o 1 de xullo sumarase o reforzo da Sala de Lectura da Facultade de Dereito en fins de semana e festivos de 10.00 a 22.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2017.