Ir o contido principal

A Biblioteca Concepción Arenal entrega os premios do I Concurso de Microrrelatos en galego

A Biblioteca Concepción Arenal e o Servizo de Normalización Lingüística da USC entregarán este xoves 16 os premios do I Concurso de Microrrelatos en galego nun acto que comezará ás 13.00 horas na sede da propia Biblioteca. A convocatoria estaba aberta a todos os membros e colectivos da USC que debían elaborar un texto dunha extensión máxima de 200 palabras. O concurso é unha das iniciativas que a Concepción Arenal organiza con motivo do seu décimo aniversario e que desenvolveu en conmemoración do Día das Letras Galegas. A persoa gañadora recibirá un lote de libros de narrativa de Edicións Xerais de mans da profesora de Dereito Antonia Nieto Alonso, presidenta da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2013.