Ir o contido principal

A Biblioteca Intercentros de Lugo imparte un curso sobre o xestor bibliográfico RefWorks

A Biblioteca Intercentros de Lugo desenvolverá o mércores 12 un curso de xestor bibliográfico RefWorks dentro dos programas de formación específicos como apoio á docencia e á investigación. Estes cursos repetiranse durante todo o ano destinados principalmente ao persoal docente e investigador e estudantes de terceiro ciclo e posgraos.
O curso, para o que hai dez prazas, terá lugar na Aula Universia da Biblioteca entre as 11:30 e as 13:00 horas. No seu transcurso explicarase como crear unha base de datos persoal, as utilidades do RefWorks, como crear unha bibliografía e darase conta das opción avanzadas do sistema.
A inscrición está aberta e pode realizarse por correo electrónico na dirección intelisa [at] usc.es (intelisa[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2008.