A Biblioteca Intercentros organiza un curso sobre revistas electrónicas e base de datos Dialnet
A Biblioteca Intercentros de Lugo desenvolverá o mércores día 20 de febreiro un curso sobre o uso das revistas electrónicas da BUSC e as bases de datos Dialnet, que se organiza dentro dos programas de formación específicos do 2008 como apoio á docencia e á investigación.
Os contidos do curso, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 18:00 horas na aula de informática da Biblioteca, centraranse no novo acceso ás revistas electrónicas, o SFX, e as súas posibilidades; así como na subscrición persoal e os índices. Finalizarán cunha explicación práctica da busca de información a través de Dialnet.
Os destinatarios do curso son os membros da USC, preferentemente persoal docente e investigador, terceiro ciclo e posgraos. A inscrición debe realizarse por internet na dirección intcesar [at] usc.es.Hai (intcesar[at]usc[dot]es).
Hai 22 prazas e estas se cubrirán por orde de inscrición.