Ir o contido principal

A Biblioteca Universitaria abrirá distintos espazos de estudo en Santiago e Lugo con horario extraordinario a partir do luns 20

Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo
Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo
A sala de lectura de Farmacia abrirá todo o día durante o mes de maio e do 15 de xuño ao 3 de xullo

A Biblioteca Universitaria abrirá a partir da próxima semana zonas de estudo nos campus de Santiago e Lugo con horarios extraordinarios adaptándose deste xeito ao próximo comezo do período de cualificacións. A partir do próximo luns 20 e ata o 30 de abril, estarán abertas en horario extraordinario a Biblioteca Concepción Arenal e a Sala de lectura da Facultade de Farmacia en Santiago e a Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo. Estes espazos estarán dispoñible ao estudantado interesado de luns a venres de 8.30 a 3.00 e as fins de semana e festivos de 10.00 a 3.00 horas. A partir do 1 de maio e durante todo ese mes, mantéñense a Concepción Arenal e a Intercentros e súmanse a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas (fins de semana e festivos de 10.00 a 22.00 horas) ademais da Biblioteca Xeral que abrirá con horario extraordinario todas as fins de semana e festivos do mes (de 10.00 a 3.00 horas) e a partir do 15 de maio de 8.30 a 3.00 horas de luns a venres. Durante este mes, a sala de lectura de Farmacia permanecerá aberta as 24 horas e a da Facultade de Dereito estará dispoñible os sábados de 10.00 a 22.00 horas. Do 1 de xuño ao 14 de xuño, a Biblioteca Intercentros luguesa e a sala de lectura de Farmacia abrirán de 8.30 a 3.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 3.00 horas as fins de semana e festivos, mentres que na segunda quincena deste mes abrirán a Intercentros e a Concepción Arenal cos mesmos horarios e a sala de lectura de Farmacia ao longo de todo o día. Xa de cara ao período de recuperacións e durante o período comprendido entre o 4 de xullo e o 17 de xullo o alumnado poderá utilizar os espazos da Biblioteca Intercentros e a sala de lectura de Farmacia de 9.00 a 3.00, durante a semana, e de 10.00 a 3.00 horas en fins de semana e festivos.

Como en anos anteriores, a Biblioteca Universitaria empregará a conta de twitter @BUSCHorarios para informar do nivel de ocupacion das distintas salas de estudo habilitadas. Ademais, na web da BUSC está dispoñible de xeito esquemático e resumido a información correspondente a estes horarios extraordinarios de apertura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2015.