Biodiversidade e ODS, a debate nun foro da USC
O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS dedicado ao estudo da economía e da administración de empresas para a sociedade dá pulo á vixésimo cuarta edición da conferencia da rede interdisciplinaria BIOECON, centrada na teoría política e económica para a conservación da biodiversidade, do 31 de agosto ao 1 de setembro na USC. Baixo o lema ‘Biodiversidade e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible’, este foro mantén aberto chamamento para o envío de traballos ata o domingo, 28 de maio.
A economía mariña e oceánica, o papel da biodiversidade e os servizos ecosistémicos no eido económico, recursos fitoxenéticos e cuestións de seguridade alimentaria, deforestación e desenvolvemento, pesqueiras, especies en perigo de extinción, ou o cambio climático serán algunhas das cuestións que tamén integrarán a axenda deste foro. ECOBAS está integrado polas tres universidades públicas galegas.