Bolsa de colaboración Interreg Volunteer Youth para o proxecto proxecto Innov4Life
Procurase unha persoa voluntaria IVY (Interreg Volunteer Youth) para colaborar no proxecto INNOV4LIFE – Ecosistema transfronteirizo para a innovación colaborativa en saúde dixital, dentro do programa Interreg POCTEP.
O proxecto ten como obxectivo impulsar a investigación, a innovación e a transferencia tecnolóxica na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, con especial atención á saúde dixital e ao envellecemento activo.
A persoa seleccionada apoiará as accións de comunicación, organización de eventos e contacto con entidades colaboradoras, ademais de contribuír á difusión dos resultados do proxecto a través de blogs, entrevistas e outros canles de comunicación, tanto para INNOV4LIFE como para a rede IVY.
Condicións principais:
- Apoio financeiro: 29 €/día (incluídos festivos).
- Lugar: Santiago de Compostela.
- Duración: 4–6 meses, a partir de marzo de 2026.
- Requisitos lingüísticos: español (B2) e portugués (A2).
- Prazo de solicitude: ata o 31 de xaneiro de 2026.
- Ligazón: https://aebr.teamtailor.com/
jobs/6716401-ivy-project- partner-for-the-interreg- project-innov4life