Ir o contido principal

Bolsa de matrícula e prácticas do Máster en liña en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional

O grupo Gist. Idega da USC e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) convocan unha bolsa de matrícula e prácticas remuneradas para alumnado da 8ª edición do Máster en liña en Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional da USC.

Trátase dunha axuda de 2.000 euros destinada a pagar o custe total da matrícula e apoiar o período de prácticas do estudante no CPEIG. En concreto, 1.200 euros destínanse á matrícula e 800 para as prácticas, que terán unha dedicación de 300 horas a realizar entre marzo e setembro de 2016. Estas prácticas poderán ser a través dun sistema de teletraballo e estarán centradas na cualificación do alumno/a para o desenvolvemento de Wikis.

Quen desexe optar a esta bolsa ten que estar matriculado no Máster SIC da USC no curso actual e posuír o grao en Xeografía, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Enxeñería Informática ou un posgrao en Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial.

Os/as candidatos/as deberán enviar por email unha manifestación de interese, copia da solicitude de matrícula no Máster SIC e copia en pdf do seu expediente académico, ao presidente do CPEIG, Fernando Suárez (presidente [at] cpeig.org (presidente[at]cpeig[dot]org)), e ao director do posgrao, Carlos Ferrás (carlos.ferras [at] usc.es (carlos[dot]ferras[at]usc[dot]es)). A data límite é o vindeiro 23 de novembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2015.