Ir o contido principal

Bolseiros de Sustentabilidade explican á comunidade universitaria o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC

Bolseiros de Sustentabilidade da USC informan sobre a recollida selectiva de residuos ou as boas prácticas de consumo
Bolseiros de Sustentabilidade da USC informan sobre a recollida selectiva de residuos ou as boas prácticas de consumo

Os bolseiros de Sustentabilidade dos centros da USC participarán durante todo o mes de marzo en mesas informativas sobre o Plan de Desenvolvemento Sostible na que explicarán actividades como a recollida selectiva de residuos ou o fomento de boas prácticas de consumo. Nesas mesas atoparanse temporalmente contedores de recollida de residuos e informarase do seu emprazamento habitual.
Como cada ano dende 2004 en cada centro docente hai un alumno bolseiro de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria, nunha convocatoria conxunta da Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible e a Oficina de Participación Social e Integración Universitaria. Os bolseiros contan en cada centro docente cun membro do PDI ou PAS como coordinador.
As mesas informativas, que comezaron a disporse esta semana nas Facultades de Matemáticas e Medicina e na Escola Técnica Superior de Odontoloxía, permanecerán durante varios días seguidos en cada centro ao longo de todo o mes.
Como actividade formativa dentro do programa os bolseiros visitaron a pasada semana o Complexo Medioambiental de SOGAMA para darlles así a coñecer, o principal plan de xestión de residuos sólidos urbanos (RSU) en Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2008.