Ir o contido principal

Botan a andar os Diálogos Inspiradores, nexo de unión entre a universidade e a economía social

O encontro será na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
O encontro será na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
Un evento para conectar ideas e proxectos sobre produción sustentable e economía social, co obxectivo de transformar o sector agroalimentario en Galicia

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais converterase o vindeiro 20 de novembro nun espazo de diálogo, aprendizaxe e colaboración sobre produción sostible e economía social. Nunha xornada única organizada polo Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIESGA) no marco do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, reuniranse voces expertas do ámbito académico, cooperativista e institucional para analizar os retos e oportunidades dun futuro agroalimentario máis verde e responsable en Galicia.

Baixo o título ‘Diálogos Inspiradores’, o encontro abordará a partir das 16.30 horas o papel fundamental da economía social e do cooperativismo para impulsar a produción de alimentos sostibles, centrada no benestar comunitario e no fortalecemento da economía local.

A actividade contará coa participación do Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Pablo Fernández; da representante do LIESGA, a profesora da USC Loreto Fernández; e da cooperativista Claudia Rodríguez, de Alén S.Coop.Galega. Entre elas e el darán claves sobre como producir alimentos de forma máis sustentable e impulsar a economía local unindo forzas entre a Administración, o cooperativismo e a academia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.11.2024.