Ir o contido principal

Brainstorm Multimedia colabora coa USC na cesión temporal de licencias de software

A empresa Brainstorm Multimedia cederá gratuitamente durante un ano 21 licencias de eStudio, o seu software profesional máis avanzado, para a formación e experimentación no ámbito da escenografía virtual e grafismo 3D no Laboratorio de Innovación e Aplicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación que coordina o Profesor Enrique Castelló. A cesión formalizarase a través dun convenio de colaboración que asinarán este mércores 12 ás 11.00 horas no despacho do reitor Juan Casares Long e o director de Márketing e Comunicación de Brainstorm Multimedia, Miguel Churruca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2013.