Ir o contido principal

A BUSC pon a disposición do PDI unha actualización da guía sobre Sexenios de investigación

Captura de pantalla da guía de Sexenios de Investigación
Captura de pantalla da guía de Sexenios de Investigación
Este recurso elaborado dende a Biblioteca Universitaria servirá se soporte na solicitude de avaliación da carreira investigadora
Lugo, Santiago de Compostela

A Biblioteca Universitaria acaba de actualizar a guía sobre Sexenios de investigación, co fin de ofrecer soporte ao Persoal Docente e Investigador da USC na solicitude de avaliación da carreira investigadora, no marco da convocatoria 2024 que se abre o día 13 de xaneiro e remata o 3 de febreiro. Como novidade, a guía incorpora este ano unha ligazón a un vídeo elaborado pola Fundación Dialnet no que se explican os pasos a seguir dende o Portal de Investigación para descargar informes.  

Para que as dúbidas que xurdan na comunidade universitaria da USC poidan ser aclaradas pola Biblioteca, pódese enviar un correo electrónico a biblioteca.xeral.servizos [at] usc.gal (biblioteca[dot]xeral[dot]servizos[at]usc[dot]gal) e/ou dirixirse á biblioteca de referencia na USC de cada PDI. A BUSC estará pendente das posibles aclaracións e respostas a consultas que se reciban da ANECA acerca desta convocatoria, polo que pode haber contidos que se sigan actualizando nas vindeiras semanas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.01.2025.