Ir o contido principal

Buscan fórmulas que permitan un aproveitamento óptimo dos recursos forestais

Buscan fórmulas que permitan un aproveitamento óptimo dos recursos forestais
Buscan fórmulas que permitan un aproveitamento óptimo dos recursos forestais
O grupo SAGEFER no que participa Valfinap da USC traballa nunha rede de sistemas software para a posta en valor do territorio forestal a escala municipal en España

Galicia é unha das máis importantes potencias forestais de Europa, mais en torno á metade da súa superficie está sendo infrautilizada, cando non abandonada. En reverter esta situación, coa busca de fórmulas que permitan un aproveitamento óptimo dos recursos forestais tanto dende unha perspectiva económica como social ou laboral, traballa o grupo Sistemas de Apoyo a la Gestión Forestal en Red (SAGEFER) no que participa persoal investigador do grupo da USC Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP).

O obxecto deste grupo supra autonómico creado no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural, financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e por FEADER, é deseñar e desenvolver unha rede de sistemas software de implantación territorial que permita o impulso e a posta en valor do territorio forestal a escala municipal en España.

O grupo mantivo estes días na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC a súa primeira reunión de coordinación. Ademais de VALFINAP da USC, SAGEFER está integrado pola Deputación de Ávila, a Asociación España de Sostibilidade Forestal (PEFC), as empresas GEOGRAPHICA e GEODEL, FACYLE (entidade que representa ás Asociacións forestais da Comunidade de Castela e León) e a empresa Sistemas de Desarrollo Integral del Territorio S.L., coordinadora do grupo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2018.