O CACTUS acolle unha xuntanza informativa sobre propiedade industrial
O proceso de solicitude de patentes analizarase este mércores 22 no transcurso dunha xornada informativa sobre propiedade industrial que se vai celebrar no edificio CACTUS do Campus de Santiago. O encontro, que comezará ás 11:00 horas, estará impartido por Juan Arias e Miguel Lorca de ABG Patentes.
Na xornada tratarase a designación dos inventores e as súas implicacións xurídicas, aspecto da solicitude de patentes ao que habitualmente se lle presta pouca atención. Ademais abordaranse as liñas xerais relativas aos cadernos de laboratorio como proba de invención nas xurisdicións nas que prima o First to invent fronte ao First to file.