Ir o contido principal

Caixanova colaborará coa Universidade de Santiago no desenvolvemento do programa Uniemprende e na organización da programación cultural da USC

A USC e Caixanova asinarán este mércores 10 un convenio de colaboración polo que a entidade financeira colaborará no desenvolvemento do programa de creación de empresas Uniemprende e na actividade cultural da Universidade compostelá.
A sinatura do documento celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas coa presenza do reitor Senén Barro e do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso.
Por este convenio, Caixanova achegará 180.000 euros que se destinarán tanto a accións enmarcadas en Uniemprende, como á incubadora de empresas da USC Uninova e ao financiamento daquelas actividades de índole cultural que conxuntamente se acorden executar dentro da programa cultural da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2008.