A campaña de doazón de sangue trasládase esta semana a Medicina e Enfermería en Santiago e á Politécnica de Lugo
A comunidade universitaria ten unha nova oportunidade esta semana de participar na campaña de doazón de sangue que está a percorrer os centros e facultades da USC ao longo deste meses de marzo, abril e maio. Concretamente, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia trasladarase este martes e mércores, 12 e 13 de abril, ata a Facultade de Medicina e Odontoloxía (Santiago), entre as 9:30 e as 14:30, en quenda de mañá; e de 15:30 a 21:00 horas na de tarde. No mesmo horario e os mesmos días, tamén se poderán facer as doazóns na unidade móbil que se colocará diante do Aulario no Complexo Hospitalario Clínico Universitario. Ao día seguinte, xoves 14 de abril, as doazóns poderán realizarse na entrada principal da Escola Universitaria de Enfermaría, na rúa Xoán XXIII, nos mesmo horarios de días anteriores. En Lugo, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará tamén presente martes, mércores e xoves no Campus de Lugo. Será na Escola Politécnica Superior, onde a comunidade universitaria poderá sumarse á campaña de doazón, en horario de mañá (de 9:30 a 14.30) e de tarde (de 15:30 a 21:00 horas).