O Campus de Lugo abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas do mes de xuño
Fútbol sala feminino, Mantemento + Aerobic + Step, Pilates, Voleibol, Ximnasia de mantemento e Zumba integran o programa deste verán na sede universitaria luguesa
Lugo
A USC oferta no Campus de Lugo un total de seis actividades na súa programación en materia de deporte para o mes de xuño nas que a comunidade universitaria xa pode inscribirse dende este mércores 15 de maio a través da páxina web da Área Deportiva. Fútbol sala feminino, Mantemento + Aerobic + Step, Pilates, Voleibol, Ximnasia de mantemento e Zumba integran o programa deste verán na sede universitaria luguesa.
As persoas alleas á comunidade universitaria tamén poderán solicitar praza nas actividades da Área Deportiva no Campus de Lugo dende o 22 de maio.