O Campus de Lugo incorporará un dobre grao de Mestre en Educación Infantil-Primaria
A oferta académica do Campus de Lugo ampliarase en 2016-2017 cun novo dobre grao, o de Mestre en Educación Infantil-Primaria, que comezará con 10 prazas. Así o acordou o Consello de Goberno na súa última xuntanza na que tamén se decidiu que os tribunais de tese os conformaran tres integrantes en lugar dos cinco actuais.
O calendario académico foi outro dos puntos abordado polo Consello de Goberno. As clases comezarán o 12 de setembro, cun primeiro período que rematará o 22 de decembro para a continuación desenvolver os exames do 12 ao 26 de xaneiro. O segundo período lectivo estenderase do 30 de xaneiro ao 19 de maio, cos exames entre o 23 dese mes e o 9 de xuño. Haberá unha segunda oportunidade de avaliación do 14 ao 28 de xuño e do 29 de xuño ao 13 de xullo.
Límites de prazas
O Consello de Goberno aprobou tamén o límite de prazas do vindeiro curso. Así en Compostela, manteñen as prazas Administracións e Dirección de Empresas (200), Economía (150), Ciencia Política e da Administración (125), Dereito (170), Enfermaría (150), Farmacia (200), Filosofía (75), Lingua e Literatura Españolas (50), Lingua e Literaturas Galegas (50), Lingua e Literaturas Inglesas (100), Filoloxía Clásica (50), Lingua e Literaturas Modernas (75), Física (90), Odontoloxía (50), Óptica e Optometría (60), Psicoloxía (150), Relacións Laborais e Recursos Humanos (90), Xeografía e Ordenación do Territorio (55), Historia da Arte (100), Historia (100), Enxeñaría Informática (55), Enxeñaría Química (60), Traballo Social (80).
En Lugo, manteñen a mesma oferta os graos en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas (45), Enxeñaría de Procesos Químicos e Industriais (50), Nutrición Humana e Dietética (60), Lingua e Literatura Españolas (25), Veterinaria (110), Enfermaría (68), Enxeñaría Civil (45), Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (45) e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria (45).
Respecto do presente curso, en Santiago varían a súa oferta de prazas Bioloxía (125), Xornalismo (75), Comunicación Audiovisual (45), Pedagoxía (71), Educación Social (71), Mestre en Educación Infantil (72) e Primaria (126), Matemáticas (100), Medicina (350), Química (105). En Lugo, ADE (90), Educación Infantil (85) e Primaria (85), Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (modalidade presencial 4, semipresencial 30), Relacións Laborais e Recursos Humanos (57) e Enxeñaría en Xeomática e Topografía (45).
Polo que respecta aos dobres graos, o de Bioloxía-Química ofertará 20, Comunicación Audiovisual-Xornalismo 10, Dereito-Relacións Laborais 20, e 10 para Física-Química, para Enxeñaría Informática-Matemáticas e para Matemáticas-Física, en Santiago, e para Mestre en Educación Infantil-Primaria, para Enxeñaría Civil-Xeomática e para Enxeñaría Forestal-Agrícola. A maiores, a USC oferta 125 prazas para o Diploma Superior en Criminoloxía.